Rodríguez Rumbo asegura que "en breve" se saberá quen será o candidato do PSdeG á Xunta, pero non se pronuncia

As primarias do PSdeG que foran convocadas pola dirección do partido en Galicia foron aprazadas por parte de Ferraz "ata a celebración da sesión de investidura e a eventual formación de Goberno" en España. Os nomes que máis soan son o de José Ramón Gómez Besteiro e Gonzalo Caballero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2023 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo asegurou que "en breve" se saberá quen será o candidato dos socialistas galegos á Presidencia da Xunta e mostrouse convencida de que será un "líder". Rodríguez Rumbo pronunciouse deste xeito ao ser preguntada polo feito de que o PSdeG acuda ao debate de política xeral que se celebrará a próxima semana na Cámara galega sen despexar aínda a incógnita sobre quen será o seu aspirante á Presidencia do Goberno galego.

Respecto diso, a deputada socialista sostivo que "realmente" a "día de hoxe" non hai candidato en "ningún partido" posto que "aínda non se convocaron as eleccións". "E desde logo, que non teña dubida ningún galego ou galega, que imos ir co mellor candidato posible, un candidato que vai ser líder, que vai presentar un proxecto de futuro e que realmente vai ser o candidato que vai cambiar os 14 anos de recortes e privatización do Partido Popular", dixo.

Con todo, a parlamentaria socialista rexeitou pronunciase sobre que socialista sería o adecuado para representar estas cuestións ao asegurar que "forma parte dun debate interno" do partido e que "en breve" se saberá cal é a persoa que encarará esta responsabilidade. E é que as primarias do PSdeG que foran convocadas pola dirección do partido en Galicia foron aprazadas por parte de Ferraz "ata a celebración da sesión de investidura e a eventual formación de Goberno" en España.

De face a este proceso interno, diferentes voces socialistas apuntan ao que fóra delegado do Goberno e actual deputado por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, como a persoa que podería dar o paso para encabezar a candidatura do PSdeG ás próximas eleccións autonómicas. Ademais, está no aire se o que fóra secretario xeral do PSdeG e actual parlamentario autonómico, Gonzalo Caballero, decide finalmente presentarse a este proceso.

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo na rolda de prensa posteiror á reunión da Xunta de Portavoces da Cámara galega
A viceportavoz parlamentaria do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo na rolda de prensa posteiror á reunión da Xunta de Portavoces da Cámara galega | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta