Orozco e Castiñeira dispútanse Lugo

O PP saca 9 concelleiros pero sumando os dous de Ciudadanos non gobernaría. Orozco precisaría o apoio de Lugo Novo, do BNG e de ACE-EU para seguir na alcaldía.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/05/2015 | Actualizada ás 22:23

Comparte esta noticia

Nin Jaime Castiñeira, nin José Clemente López Orozco saben aínda quen será o vindeiro alcalde da cidade. Polo momento, o mellor situado é o actual rexedor socialista pero, para continuar, precisaría dos apoiso de Lugo Novo e do BNG.

O alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco
O alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco

Con todo, o partido máis votado nas eleccións municipais é o PPdeG, con 9 concelleiros.  Pola súa banda, o PSdeG queda con 8 edís. Por iso, os dous partidos dependerán dos pactos.

Nesta cidade irrumpiu con forza Lugo Novo, candidatura que agrupa a Anova e Compromiso por Galicia e que conta co respaldo de Podemos, que consegue 3 edís. O BNG queda con 2 edís. Tamén se estrearí no Concello de Lugo Ciudadanos, con dous concelleiros e ACE-EU, cun acta. En Lugo elíxense 25 concelleiros, de forma que a maioría absoluta está en 13 edís.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Abraira

Esperemos que Lugo Novo e BNG cheguen a un acordo co Psoe que pase por que Orozco non sexa o alcalde de Lugo

1 lucus2000

Nin o un nin o outro, a liña vermella de Lugonovo ou BNG para apoiar ao PSOE é que Orozco de paso ao seguinte da lista, non queren a ninguén poli-imputado ao fronte da alcaldía.