Tolemia literaria

Aseveraba o escritor Enrique Vila-Matas que “os escritores acaban sós e acaban mal”. Certamente a inquietude que golpea cos seus dentes de desazón a cabeza dun “acumula letras e sentimentos” pode producir trastornos mentais que, levados á folla en branco, en ocasións chegan a converterse en fermosas sinfonías que logran que o lector goce dunha maneira sobresaliente, sinxelamente elevada.

Por Alexander Vórtice | Pontevedra | 07/10/2023

Comparte esta noticia
Tal vez exista unha fronteira bastante quebradiza entre o enxeño e o enloquecimiento. Ás veces hai que ser moi excéntrico para mostrar ao público o que un realmente pensa e sente; puidese dicirse que unha das constantes vitais do xenio que escribe é a tolemia que emana nos seus textos, na súa vida cotiá. Sobran exemplos de grandes autores da literatura universal que sufriron todo tipo de doenzas mentais, ata o punto de acabar completamente perturbados.
 
H.P. Lovecraft, escritor estadounidense de novelas e relatos de terror, padeceu un trastorno do soño traumático, doenza vinculada á paranoia. Tamén sufría de depresión profunda, aínda que finalmente acabou falecendo por mor dun cancro intestinal. Puidese dicirse que durante case toda a súa existencia, Lovecraft padeceu unha dor constante que, a fin de contas, reflectiu en gran parte das súas obras. Outros exemplos de escritores que acabaron malamente por mor das doenzas mentais son Jean-Jacques Rousseau, o cal tiña paranoia e cría que era perseguido, ou León Tolstoi, quen sufría graves episodios depresivos.
 
Pola súa banda, Franz Kafka, padecía neurose e depresións agudas, algo que facía que a súa estabilidade emocional fose totalmente vacilante, vivindo momentos de gran desidia, sumados a problemas do soño. Un dos casos máis contundentes tal vez sexa o do Premio Nobel de Literatura Ernest Hemingway: Este escritor soportaba ataques de nervios, teima persecutoria e propensión ao suicidio. O seu caso acabou da peor das maneiras: unha mañá do mes de xullo agarrou unha escopeta e voouse os miolos. Estes son uns cuantos exemplos de “tolemia literaria”, por cualificalo dalgunha maneira, pero existen moitos exemplos máis. Posiblemente a neurose, sumada á xenialidade e ás artes, consigan sacar o mellor de nós mesmos, ou o peor... Tal vez unha mente maltreita saiba plasmar con maior facilidade as arestas dos grandes sentires que nos circundan ao longo do noso día a día, aínda que, en contraposición, coñezo a moitos escritores e poetas que me chegaron a aseverar que a literatura lles salvou da tolemia, que lles serviu como ansiolítico.
 
Quen sabe, así pois, que se esconde tras a cabeza dese home ou desa muller que senta fronte ao papel en branco propósito fútil de garabatear ambicións e sentires furtivos.

Enrique Lister con Hemingway
Enrique Lister con Hemingway
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Alexander Vórtice Alexander Vórtice (Pontevedra, 1979) é xornalista, poeta, novelista, columnista, escritor e colaborador en Diario de Pontevedra, PontevedraViva, Diario16, Crónicas PTV e nas revistas culturais Falando con Letras, En tempos de Aletheia e Oceanum. As súas obras publicadas ata o momento grazas ao pulso dos golpes e as caídas son: Destilería Ocaso (2004), Neurose Tremens (2005), Material de Soños (2008), Deus e Outros Superheroes (2013), Atrofiadas as Estrelas (2015), Crónica dun Home Bo (2016), Vexetacións Carnívoras (2017), Tempa Maltreita (2019) e Diagnóstico Interior (2021).