A Xunta adxudica 237.000 € á ETT na que é apoderada Micaela Feijóo
Eulen, a compañía na que é directiva a irmá do presidente Micaela Nuñez Feijóo, cobrará máis de 237.000 euros por xestionar a atención telefónica aos consumidores de toda Galicia e a presencial da Coruña e Pontevedra.
curto m8 a foto da dereita para ilustrare a nova: "Teleoperadora na web de Eulen". Un estilo proprio de GC para amenizar as noticias que eu gosto, como cando a noticia é sobre desemprego ponhen foto ad-hoc e descripción: "Persoas na fila diante da oficina de emprego" hahaha
2MilaFerrol
No CHOU xa campan a súas anchas. Moi agradecida polo traballo que estades a facer no GCplus, por non amilanarvos ante os poderosos e seguídelle dando duro a esta panda, ao saberse estas cousas xa lles vai quedando menos mamandurria.
1Pechotes
E mirade a adxudicación da atención ao público na Cidade da Cultura, que tamén levou Eulen e que din que están renegociando á alza para cobrar mais cartos dos comprometidos na sua oferta.