Hai achegas entre Galicia e o mundo lusófono?

A Xunta di que hai resultados “moi positivos” da lei Paz Andrade para fomentar as relacións cos países lusófonos. A oposición critica os escasos avances da mesma e di que a o Goberno galego está vendendo "fume".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/06/2015 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

Achéganse ou non Galicia e Portugal?. Esta foi a pregunta sobre a que xirou, este mércores, a intervención do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que acudiu ao Parlamento para valorar a implantación da lei Paz Andrade para fomentar a relación con países lusófonos.

Valentín García Valentín García
Valentín García Valentín García

Está a xerar resultados moi positivos", dixo durante a súa comparecencia  parlamentaria na Comisión de Cultura. “A Xunta segue establecendo as bases para fomentar unha maior relación entre ambos os territorios a través dos idiomas”, precisou.

Neste sentido destacou que o primeiro impulso da Xunta neste campo dáse no ámbito educativo, para incrementar a aprendizaxe do portugués en Galicia a través do memorando de entendemento entre a Xunta e o Instituto Camões. Tamén destacou a relevancia que ten no ensino a posibilidade de elixir a lingua portuguesa como optativa de segunda lingua estranxeira, nos cursos que se sitúan entre 3º de ESO e 2º de Bacharelato, unha opción que crece "ano tras ano".

Ademais, García valorou a repercusión desta lei noutros ámbitos como a economía ou a cultura, que melloran a colaboración "estratéxica" entre Galicia e o Norte de Portugal, así como o impulso e promoción do Camiño de Santiago.

Con todo, avisou que  a lei aínda leva "moi pouco tempo" de aplicación, polo que avaliar os seus resultados resulta complicado. "Falta moito camiño por andar, pero estamos a traballar para poder facer de forma próxima moitas cousas que hai anos non sería posible" e nese sentido advertiu de que o conflito normativo sobre o idioma "freou as relacións" entre as linguas galega e portuguesa.

Lápida de Valentín Paz Andrade no camposanto Lérez (Pontevedra)
Lápida de Valentín Paz Andrade no camposanto Lérez (Pontevedra) | Fonte: Adrián Estévez Estevoaei wikipedia

Con todo, as súas explicacións non convenceron á oposición. A deputada do Grupo Mixto, Carmen Sueiro, tachou de "tomadura de pelo" as repercusións reais que está a ter esta lei, mentres que a parlamentaria do BNG Ana Pontón acusou ao secretario xeral de "tentar confundir" e de non dar información clara sobre o impacto da lei.

Pola súa banda, o deputado de AGE Xabier Ron insistiu en que se necesitan actos constatables sobre a lei e unha "integración sa" do portugués en Galicia, "pero iso non sucede porque o que vostedes fan é unha mera propaganda". A parlamentaria do PSdeG Concepción Burgo tachou de "extremadamente rechamante" que o secretario xeral compareza sen cumprir a lei ao non levar ao Parlamento "un informe por escrito", o que ao seu xuízo significa que "de resultados nada de nada, eu entendo que non hai ningún".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

9 hjbc

Metede o portugues polo c....

8 GaliciaPilingui

Vaia pailáns os dalgún comentario. Non sei que problema hai en mellorar relacións comerciais co norte do país veciño, aproveitndo a facilidade comunicativa. Non sei que mal ten estudar portugués como 2ª lingua estranxeira (preferides francés como agora?, moi útil, si). Non está mal permitir emisións na TDT de Galicia da RTP Internacional, aumentando a pluralidade dos medios (xa se emite por satélite) e afacendo o oído a ese acento. Non sei que problema hai en promove-lo turismo e o camiño portugués, beneficiándonos economicamente. Tedes moi comida esa cabeciña colonizada coa demonizada ortografía lusista, pero diso NON fala a lei, así que tranquilos, non vos dea un ataque.

1 O Príncipe dos Mouros

Unha lingua non ten valor polo seu número de falantes. O francés é tan válido coma o portugués ou coma calquera outra lingua, é dáche acceso a libros e ideas interesantísimos. Eu persoalmente estou farto de que determinados lobbies e grupúsculos me digan a que países me teño que "achegar" e a que países hai que "facerlles o boicote". Fartísimo dos vosos "pobos irmáns" e "Estados inimigos", e doutros populismos. Impórtache tanto que decida eu as miñas filias e as miñas fobias?

2 Anti-pailáns

O Pilingui este é o tipico bu rro que cre a propaganda lusista ou portuguesa, as "relacións comerciais" significa deslocalizar a industria a Portugal onde os soldos son menores e o terreo industrial gratis.

3 GaliciaPilingui

Pois rabiade, que se aprobou por unanimidade e xa non hai volta atrás. :D

7 Ouro

Sinceramente: impórtame un carallo

6 O Príncipe dos Mouros

Que teima obsesiva de dicirnos que linguas estranxeiras temos ou non temos que falar... Pero, as competencias legais da Xunta non tiñan que ver única e exclusivamente coa promoción e normalización da lingua propia?

5 SomosCeibes

Ata os de Cabo Verde acaban de dicir que eles teñen o seu idioma e non falan portugués, pero os catro tirados daquí a meter portugués por galego. Que non cola babecos!