Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 31/10/2023 | Actualizada ás 12:18
O xerente da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, mantivo este martes unha reunión técnica co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para avanzar na cobertura de pediatría desta localidade.
Así, José Flores avanzou ao rexedor que desde a área sanitaria están a xestionar a prestación da consulta da especialidade de Pediatría de Atención Primaria dúas tardes á semana, coa intención de que arrinque xa este mes de novembro.
O xerente da área sanitaria lembrou ao alcalde que "persiste o condicionante de paro cero" nas especialidades de Pediatría e Medicina Familiar e Comunitario, de tal maneira que a ausencia destes profesionais para contratar "xera obstáculos para efectuar coberturas con continuidade en varios concellos".
Non entanto, Flores Arias reiterou o "firme compromiso" do Servizo Galego de Saúde para continuar coas xestións administrativas posibles de face a conseguir novas coberturas de profesionais de Atención Primaria nos centros de saúde do Concello de Cerdedo-Cotobade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.