Pechados os castelos de castelos de Soutomaior e Sobroso polo temporal

A Deputación de Pontevedra pechou ambos lugares e queda cancelada a visita dos alumnos do IES de Rodeira de hoxe.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/11/2023 | Actualizada ás 10:49

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra pechou os castelos de Soutomaior e Sobroso pola alerta amarela derivada do temporal 'Ciarán', polo que permanecerán sen actividade ao longo deste xoves por precaución, xa que este fenómeno meteorolóxico provocou caídas de pólas en ambos os recintos.

Tal como informou a Deputación, nesta xornada estaba previsto que o castelo de Soutomaior acollese a visita de 35 alumnos do IES de Rodeira de Cangas, que foi cancelada polo vento e a choiva. Este venres, acollerá a outro grupo de 36 escolares do CPR Labor de Vigo. Unha visita que se mantén, aínda que se valorará a súa cancelación en función da evolución da borrasca.

A Deputación lembrou que tanto o castelo de Soutomaior como o de Sobroso ten abertas as súas portas ao público de martes a domingo entre as 10,00 e as 19,00 horas, no caso do primeiro, e de 10,00 a 13,00 e de 15,00 a 18,00, o segundo.

Castelo de Soutomaior, en Pontevedra
Castelo de Soutomaior, en Pontevedra | Fonte: Castelo de Soutomaior

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta