Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/11/2023 | Actualizada ás 16:27
Portos de Galicia aprobou os documentos de delimitación de espazos e usos portuarios (Deup) dos portos de oito peiraos da provincia da Coruña. Segundo informou a Xunta, son os de Ortigueira-Espasante, Mugardos-O Seixo, Betanzos, Caión e Portocubelo-O Pindo. Así, o consello reitor do ente público ratificou na súa última reunión estes plans que permiten unha mellor planificación e explotación do chan portuario.
Así, o Deup recolle o ordenamento do chan e a distribución das actividades que se desenvolven en dominio público portuario. Desta forma, define os usos e actividades que se desenvolven en cada caso e zonifica o chan portuario para realizar a futuro as diferentes actividades dos peiraos. Esta delimitación é unha actuación que ten o obxectivo de mellorar a relación entre os portos e os pobos que os acollen, unha das liñas de traballo permanente de Portos de Galicia, que hoxe en día ten aprobado máis de medio centenar de plans para case 70 portos autonómicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.