Detido un veciño de Leiro por roubarlle con violencia o bolso a unha muller de 72 anos

Axentes da Garda Civil de Carballiño detiveron ao home.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2023 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil de Carballiño detiveron a un veciño de Leiro (Ourense), de 34 anos de idade, acusado de roubarlle o bolso a unha muller de 72 anos. Segundo informa este corpo de seguridade, o presunto autor está acusado de roubo con violencia ao darlle un tirón no bolso á muller, de Carballiño, e facerse con el. A muller tivo que ser asistida polo 061 ao caerse ao chan. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado número 2 de Carballiño.

Un coche da garda civil
Un coche da garda civil | Fonte: Tomás Alonso - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta