Un foro aborda en Santiago "o traballo do futuro" con expertos en tecnoloxía, innovación e intelixencia artificial

O delegado do Goberno aposta por un marco "claro e ético" para a IA e a alcaldesa fixa o reto de "ir a un modelo de calidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O 'Foro Talentia Summit 2023' abordou este venres en Santiago "o traballo do futuro" con expertos en tecnoloxía, innovación e intelixencia artificial. Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, apostou por establecer un marco "claro e ético" para a intelixencia artificial, algo no que asegurou que traballa o Executivo central Pola súa banda, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, fixouse o reto de "ir a un modelo de traballo de calidade", con especial fincapé nas políticas de igualdade e conciliación para aproveitar o talento feminino, algo que recalcou igualmente a tenente de alcaldesa, María Rozas.

Inauguración do foro de Talentia en Santiago
Inauguración do foro de Talentia en Santiago | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO

En representación da Xunta, o secretario xeral de Emprego, Pablo Fernández, animou aos emprendedores a tentar sacar adiante os seus proxectos sen medo ao fracaso, e reivindicou as medidas do Goberno galego para fomento do emprego. O foro desenvolvido este venres é unha das dúas patas de 'Talentia', que o luns se centrará na outra, a feira do emprego, que trata de achegar a demandantes de emprego e empresas, con "datos moi positivos" nas anteriores edicións, segundo a rexedora e María Rozas.

FENDA DIXITAL

Por parte do Goberno central, Pedro Blanco resaltou tamén actuacións para "eliminar" a fenda dixital e asegurou que o 100 % de Galicia contará con conexión de alta calidade antes de 2025. En concreto, reafirmou a aposta do Executivo pola eliminación da fenda dixital entre a Galicia urbana e a rural con 180 millóns para levar banda ancha a 240.000 familias e estender o 5G.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta