Rueda reivindicase fronte a Feijóo: "Son as miñas primeiras eleccións... Xógome moitas cousas"

O presidente galego agarda que o seu predecesor "se leve unha alegría a noite electoral".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/11/2023 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Faltan poucos meses para as eleccións galegas. Tan poucos que no PPdeG analizan a mellor data posible para a convocatoria. Unhas eleccións nas que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo se xoga moito xa que a perda do seu bastión electoral sería darlle moita munición aos inimigos internos do seu partido e, especialmente, aos externos, principalmente, a Pedro Sánchez. De feito, o propio Feijóo destacaba nunha entrevista a El Mundo que se o seu partido non acada unha quinta maioría absoluta en Galicia "non se cumplirán as súas expectativas".

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo,  no foro El Debate en Madrid
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, no foro El Debate en Madrid | Fonte: Europa Press

Sabedor disto, Alfonso Rueda quere volver revalidar ese amplo respaldo electoral que Feijóo tivo nas catro convocatorias anteriores. Unha maioría absoluta, iso si, que quere que sexa por méritos propios. Por iso, e preguntado este xoves por esta cuestión na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, foi contundente. "Son as miñas primeiras eleccións. Nunca o ocultei. Eu xógome moitas cousas pero máis se xoga Galicia porque hai moitas políticas de estabilidade que impulsamos desde a Xunta", advertiu.

Con todo, tamén recoñeceu que, obviamente, estas eleccións son importantes para o seu predecesor, que "foi presidente da Xunta", e que, obvimente, dixo "estará interesado" na súa victoria. "Agardo que leve unha alegría a noite electoral", dixo.  "Cando toquen as eleccións en Galicia, o obxectivo de todos os candidatos vai ser ter éxito e eu agardo que a xente refrende o que estou facendo", concluiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta