Por E.P. | A CORUÑA | 24/11/2023 | Actualizada ás 12:03
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, cifrou en "máis de 60 quilos" a droga intervida no operativo do Salnés, ademais de destacar a incautación "importante" de diñeiro. Fíxoo, a preguntas dos xornalistas, e nunhas declaracións nas que reivindicou o traballo "silencioso" e "encomiable" das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado tras o último operativo contra o narcotráfico no Salnés.
Polo menos once persoas figuran detidas na operación contra o tráfico de drogas desenvolvida pola Policía Nacional, a través dos Greco, na provincia de Pontevedra, baixo a dirección do Xulgado de Instrución número 5 da Coruña. Fontes coñecedoras do operativo consultadas por Europa Press confirmaron que hai catro detidos de Pontevedra, dous de Vilagarcía de Arousa e cinco de Vigo.
Ademais dos detidos, a operación sáldase coa intervención de 50 quilos de cocaína, varios teléfonos móbiles e unha importante cantidade de diñeiro en efectivo. Tanto a droga como o diñeiro foron descubertos nos diversos rexistros que as forzas de seguridade realizaron en vivendas de Vilagarcía, Vilanova, Cambados e Ribadumia.
DETIDO ALIXO DE 3.8000 QUILOS
Entre a detidos figura J.C.S., veciño de Vilanova, ao que as forzas de seguridade vinculan co alixo de 3.800 quilos de cocaína que foron interceptados no buque 'MV Karar'.
Ademais, J.C.S. fora detido tamén hai un mes noutra operación relacionada co tráfico de drogas e na que tamén se procedeu ao rexistro da súa vivenda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.