Están manipulados os datos das listas de espera do Sergas?

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) denuncia a "manipulación" e as "trampas" do Servizo Galego de Saúde (Sergas) nos datos de listas de espera coñecidos a semana pasada, que a sitúan como a segunda con menor demora para unha cirurxía con 66 días de media.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2023 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) denuncia a "manipulación" e as "trampas" do Servizo Galego de Saúde (Sergas) nos datos de listas de espera coñecidos a semana pasada, que a sitúan como a segunda con menor demora para unha cirurxía con 66 días de media. Nun comunicado, a AGDSP expresa as súas sospeitas con que estes datos non están completos e esixe coñecer as listas de espera non estrutural, é dicir, as que inclúen a pacientes que están pendentes de ser atendidos pero non por causas atribuíbles ao servizo, por exemplo porque son derivados a outros centros ou á sanidade concertada.

A Asociación para a Defensa da Sanidade Pública alude a estudos realizados en Galicia "sen o consentimento do Sergas" que mostran que as "listas ocultas" teñen "case o mesmo número de pacientes" que as publicadas. As últimas, actualizadas a 30 de xuño de 2023, incluían a 47.000 persoas na Comunidade. Neste contexto, a AGDSP denuncia que a Xunta quere "dar unha nova volta de porca a este engano", ao pretender que as persoas que estean á espera dunha operación sexan enviadas a hospitais doutras áreas "e quenes se neguen, serán enviados ás listas ocultas".

As urxencias do CHUS saturadas
As urxencias do CHUS saturadas | Fonte: Asociación de pacientes - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta