Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 06/12/2023 | Actualizada ás 12:20
A Policía Local de Pontevedra detivo na tarde do luns a un home, de 28 anos de idade, por unha suposta agresión machista a unha muller, de 23, coa que mantivera unha relación.
Segundo informa o Concello, o mozo foi apresado a última hora da tarde despois de que as persoas participantes nunha concentración en apoio a Palestina escoitasen como nun piso próximo unha muller pedía auxilio e socorro.
Así, eran as 20,15 horas cando os axentes entraron no domicilio e observaron que estaba revolto e había cristais rotos. Tal e como consta no parte da Policía Local, produciuse "unha discusión acalorada" na que a vítima chegou a ser "suspendida no aire" e tiña "feridas o pescozo". Ademais, os axentes comprobaron que tiña danos de agresións anteriores.
Os policías tamén tomaron declaracións a algunhas das persoas que estaban na rúa, que relataron que escoitaran unha discusión, fortes golpes e unha muller que pedía auxilio. A Concellaría de Seguridade agradece a colaboración cidadá, que ve "fundamental para tratar de erradicar" a violencia machista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.