Comeza a carreira por ver a Les Luthiers en Galicia

A Coruña e Vigo acollerán un total de nove representacións dos cómicos e músicos arxentinos, que esgotaron entradas nas súas últimas visitas ao país.

Por GC Tendencias | A Coruña | 08/07/2015 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O grupo arxentino Les Luthiers presenta "Chist! Antología"... un novo espectáculo no que poñen en escena unha selección das mellores obras do seu amplo repertorio, construído durante a súa traxectoria de 48 anos sobre os escenarios. Os cómicos estarán en Vigo cinco días (do 20 ao 24 de outubro) e catro na Coruña (do 15 ao 18 de outubro). Tantas datas mostra a popularidade das súas actuacións, esgotando entradas nas súas últimas visitas ao país. 

Les Luthiers
Les Luthiers

Desta volta durante máis de dúas horas poñen en escena pezas clásicas como o Madrigal La Bella y Graciosa Moza, Manuel Darío, La Comisión, El Bolero de los Celos... entre outras, extraidas de espectáculos como Bromato de harmonio o Viegésimo aniversario.

Chist! Antoloxía é unha selección das obras máis celebradas polo público de Les Luthiers,  unha proba da vixencia do humor do quinteto arxentino, caracterizado pola súa creatividade, o enxeño e a ironía.

As entradas, dende 35 euros, na Coruña, e dende 55 en Vigo, poden comprarse dende este mes a través de Ataquilla.com.

Les Luthiers
Les Luthiers
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta