O Concello de Ourense presenta unha programación de Nadal "para todos os públicos"

A programación de actividades inclúe tamén as tradicionais citas coa Cabalgata de Reis, a festa de fin de ano co trío Somoza e A Gramola e o Concerto de Ano Novo coa orquestra San Rosendo e o coro de cámara Rías Baixas.

Por E.P. | OURENSE | 12/12/2023 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, presentaron a programación de actividades que organiza o Concello para este Nadal, con propostas para todos os públicos.

Papá Noel percorrerá un ano máis o centro da cidade cos seus renos o xoves 21 de decembro. Ademais, recibirá aos máis pequenos nun espectáculo no Auditorio o sábado 23 de decembro e no Poboado de Nadal en Bispo Cesáreo os días 22, 23 e 24 de decembro.

A programación de actividades inclúe tamén as tradicionais citas coa Cabalgata de Reis, a festa de fin de ano co trío Somoza e A Gramola e o Concerto de Ano Novo coa orquestra San Rosendo e o coro de cámara Rías Baixas.

En concreto, Papá Noel e o seu séquito percorrerán a cidade o día 21 a partir das 19.00 horas, desde a Torre de Ourense ata a Praza Maior, e dous días despois, o sábado, terá o espectáculo 'Papá Noel en Ourense, unha nova aventura de Nadal' no Auditorio con tres pases, ás 17.00, ás 18.15 e ás 19.30 horas e entradas a 3 euros, que se poden comprar na web de Ataquilla.com. No Poboado de Nadal estará os días 22, 23, 24 de 18.00 a 21.00 horas.

En canto aos concertos, o ano comezará coa música do trío Somoza que desde as 01,00 horas actuará na praza de Santa Eufemia e A Gramola na rúa do Progreso. Esa mesma xornada, ás 19.00 horas, haberá cita no auditorio co Concerto de Ano Novo interpretado pola Orquestra San Rosendo e o coro de cámara Rías Baixas, dirixido por Diego Fortes Conde, cuxa entrada tamén se pode comprar a través da web de Ataquilla.com.

A Cabalgata de Reyes percorrerá a cidade un ano máis o 5 de xaneiro. As súas Maxestades chegarán á estación de tren ás 17.30 horas e desprazaranse ata chegar á Praza Maior. Ademais, esa madrugada estará amenizada desde as 0.30 horas pola Gramola na Rúa do Progreso.

OUTRAS ACTIVIDADES

O belén municipal de Arturo Baltar será un ano máis un dos referentes do Nadal en Ourense, o espazo expositivo da praza de San Cosme abrirá o 16 de decembro e permanecerá ata o 6 de xaneiro en horario de 11.30 a 14.00 horas e de 17.30 a 20.30 horas, fóra dos días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, que abrirá só de tarde.

Outros espazos destacados serán o parque de aventuras e o tren eléctrico de Papá Noel que se situarán no Xardín do Posío desde o xoves 21. Tamén desde ese día abrirán ao público dous carruseis, un deles na entrada do Centro Comercial Ponte Vella, mentres que do outro o alcalde non quixo revelar a súa localización, sinalando que "será unha sorpresa".

Durante todas as festas seguirán abertos ao público o Mercado de Nadal, no parque de San Lázaro, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00, con talleres ás 17.00 horas, e o Poboado de Nadal en Bispo Cesareo.

A maiores, o barrio do Couto acollerá Ourenadal con diferentes actividades relacionadas coa ecoloxía e a reciclaxe en varias rúas e ademais haberá varias atraccións. En materia deportiva destacan dúas citas clásicas desta época, a Carreira de San Silvestre que terá lugar o 31 de decembro pola tarde e a Subida a Costiña de Canedo, que inaugurará o ano o 1 de xaneiro ás 13.00 horas.

Árbore de Nadal de Ourense
Árbore de Nadal de Ourense | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta