Anova rompe con Sumar pero aínda mantén vías abertas co BNG

Martino Noriega tería rexeitado ser o candidato da formación de Yolanda Díaz na galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

O partido cofundado por Xosé Manuel Beiras, Anova-Irmandande Nacionalista, rompeu definitivamente coa esquerda federal, unha alianza que explorou en 2012 xunto a Esquerda Unida en Alternativa Galega de Esquerda (AGE), unha candidatura que irrompeu co propio veterano nacionalista no Parlamento con nove deputados, incluída a propia Yolanda Díaz, actual líder de Sumar e vicepresidenta segunda.

A Coordinadora Nacional de Anova reuniuse o pasado sábado para avaliar os contactos que se mantiveron nos últimos meses coas formacións do espectro da esquerda coa mirada posta nas eleccións autonómicas de 2024 e sobre as que hai voces que as sitúan xa no principio do ano.

A decisión tomada foi a de dicir 'non' ao proxecto de Yolanda Díaz en Galicia, que ademais desta alianza, ofreceulle ao actual portavoz de Anova e ex alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ser o candidato nas eleccións autonómicas. Unha negativa que chega a pesar da propia proximidade que o dirixente nacionalista ten coa portavoz de Sumar, Marta Lois, que foi a súa concelleira na capital galega.

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, con Martiño Noriega, cabeza de lista á Alcaldía de Santiago por Compostela Aberta
Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, con Martiño Noriega, cabeza de lista á Alcaldía de Santiago por Compostela Aberta | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

CONTACTOS CO BNG

Anova, que nas pasadas eleccións xerais do 23 de xullo xa se decantou por pedir o voto soberanista para o BNG, desvincúlase así de novas alianzas coa esquerda federal. Faino, tras máis de dez anos explorando alianzas estratéxicas que tiveron o éxito de En Marea como segunda forza política en Galicia en 2016 (e 14 deputados), pero cuxas desavinzas internas levaron a formación á desaparición.

A formación cofundada por Beiras tras a ruptura de Amio e o propio BNG tamén mantiveron encontros formais nas últimas semanas para explorar en que situación se atopan no marco das eleccións autonómicas, segundo confirmaron a Europa Press fontes consultadas de ambos os espazos políticos. Con todo, esta ponte tendida non se concretou, polo menos por agora, en ningún outro xesto público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

BNG, proxecto común do nacionalismo.

2 Gamela

ANOVA toma unha boa decisión ! Mandar ao carallo a Señorita Yolanda ! Sería un acto de xenerosidade (e de intelixencia) invitar aos membros de ANOVA a formar parte (siquera de xeito simbólico) nas listas do BNG ! É posible que Martiño non aceptara a invitación, pero sería un xeito de darlle unha saída digna para as Eleccións 2024 e pechar o Lío de Amio... Claro que alguén debera escribir algún día Qué foi de En Marea ? Non só participou Yolanda na desfeita, tamén houbo submariños que nunca deron a cara, ata hoxe... https://gamela00.blogspot.com/2016/... Ana Pontón tería que pedir permiso á Paco Rodríguez (UPG Histórica) ?

1 Moine

Ao parecer, volveu o sentidinho A Nova.