Un terremoto de 1,7 déixase notar no Carballiño

Rexistrou esta mañá o tremor, con epicentro na vila de Arenteiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2023 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O Concello do Carballiño en Ourense rexistrou esta mañá un terremoto de baixa intensidade, concretamente de 1,7 na escala Richter. O tremor, con epicentro na vila de Arenteiro, produciuse entre as parroquias de Mesego e Ou Torrón pasadas as 08.30 horas.

Segundo o Instituto Xeográfico Nacional tivo unha magnitude de 1,7, polo que se considera de baixa intensidade, e produciuse a quince quilómetros de profundidade. O concello ourensán xa rexistrara dous sismos o pasado mes de outubro, ambos na madrugada do día 19. Un de magnitude 2,9 e outro de 1,8, pero a tres quilómetros de profundidade, polo que naquel momento puideron ser percibidos polos veciños.

O Concello do Carballiño rexistrou dous terremotos en outubro
O Concello do Carballiño rexistrou dous terremotos en outubro | Fonte: CAPUTRA INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta