Morren unha nai e a filla tras un choque entre un camión-cisterna e un vehículo en Cambados

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2023 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Unha muller e a súa filla faleceron na mañá deste sábado tras chocar un camión-cisterna e un coche na estrada VG-4.3, ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Vilariño, en Cambados.

Segundo informou o 112, foron varios particulares os que ao fío das 9,30 horas deste sábado deron a voz de alarma. A carga que transportaba o camión non está afectada pero si, hai perda de combustible do propio vehículo pola estrada.

O suceso obrigou a cortar o tráfico entre as saídas de Corvillón e Vilanova e no punto traballan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribadumia, o GES de Sanxenxo, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil de Cambados, Vilanova e Vilagarcía.
 

Imaxe de @BomberosDip_VLL dun accidente
Imaxe de @BomberosDip_VLL dun accidente | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta