O Colexio de Xornalistas lamenta o falecemento de Luís Blanco Vila

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2024 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A xunta de goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en nome de toda a profesión, lamentou o falecemento en Boiro do xornalista e colexiado Luís Blanco Vila, o pasado 31 de decembro, polo que trasladou as súas condolencias á familia e achegados. Nun comunicado, o Colexio plasmou a súa tristeza ante esta noticia, enviando o pésame a todos os seus coñecidos. Luís Blanco Vila naceu precisamente en Boiro en 1936 e estudou xornalismo na Escola de Xornalismo da Igrexa mentres cursaba tamén Filoloxía na Universidade Central de Madrid (antiga Complutense).

En 1962 comezou a traballar no 'Diario Ya' de Madrid e, posteriormente, exerceu de correspondente de cabeceiras de 'Editorial Católica' en Portugal, Francia e Italia. En 1971 regresou para asumir a dirección de 'O Ideal Galego' e dous anos despois volve a Madrid para incorporarse ao consello de redacción de 'Editorial Católica' e ser comentarista e director de internacional do 'Diario Ya'. Así mesmo, a segunda parte da súa experiencia laboral estivo máis centrada na docencia.

Luís Blanco Vila
Luís Blanco Vila | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta