Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/01/2024 | Actualizada ás 18:42
Ciberseguridade e acoso escolar figuran entre os temas máis demandados para as charlas en centros educativos dentro do plan de convivencia escolar. Así o informou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ao facer balance do citado plan. Do mesmo, remarcou tamén que tres de cada catro centros galegos acolleron actividades no tres primeiros meses deste curso.
Sobre as temáticas impartidas, a cargo de axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, remarcou que son "un mapa das preocupacións da comunidade educativa de Galicia". Neste primeiro trimestre, 770 colexios e institutos de Galicia acolleron actividades. Os equipos especializados da Policía Nacional e a Garda Civil desenvolveron nestes centros 1.206 actividades de formación e prevención. Nelas, participaron máis de 37.000 membros da comunidade educativa, dos que 33.500 foron alumnos e alumnas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.