A Xunta remarca que as familias contan con "máis facilidades que nunca" para acceder a servizos de atención temperá

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2024 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, remarcou que as familias contan con "máis facilidades que nunca" para acceder a servizos de atención temperá.

Así o declarou este venres na inauguración do 'I Xornada de profesionais de atención temperá de Galicia' que se celebra no municipio coruñés de en Bergondo e que está organizada por Cogami e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT).

Segundo informou o Executivo galego, a conselleira celebrou a creación deste tipo de foros nos que os profesionais que traballan diariamente no sector comparten experiencias e extraen conclusións útiles para que as entidades e administracións poidan mellorar os servizos sociais.

Fabiola García agradeceu aos participantes a súa implicación por construír unha "Galicia máis xusta" e por disipar as dúbidas ou inquietudes das familias cun neno con posibles problemas de desenvolvemento.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, na inauguración do I Xornada de profesionais de atención temperá de Galicia. XUNTA
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, na inauguración do I Xornada de profesionais de atención temperá de Galicia. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta