Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 03/02/2024 | Actualizada ás 10:30
Hai un recuncho no concello de Ames que non podes perderte se queres pasar unha tarde entretida en familia e se buscas plans para facer con nenos. Chámase oficialmente carballeira de Paramuíño, e atópase ao lado do CEIP de Ventín e do campo de fútbol de Biduído, pero xa ninguén lle chama así. Dende fai uns anos recibe o nome de Carballeira dos Trasgos, e é que se atopa habitada por seres das lendas e contos galegos. Un fermoso trasgo subido a unha árbore dá a benvida aos visitantes, que poden coñecer, ao mesmo tempo que se deleitan coa ducia de figuras de animaliños, os seus nomes en galego. Nomes tan fermosos como píntega, vacaloura, xoaniña, donicela, xeneta, bubela, bolboreta ou curuxa. Anímaste a buscalos todos?
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Ferida tras envorcar a furgoneta nunha peaxe da AP-9, en Bergondo
- Morre en Baiona tras ser rescatado con síntomas de afogamento
- Atopan no Limia o corpo do home de 40 anos desaparecido en Xinzo
- Parlamento e sedes da Xunta acollen actos de condena polo crime machista da Coruña
- Unha bala aparece nun dos cristais blindado da sede da Axencia Tributaria en Ferrol
- Prisión para o detido por matar a súa parella na Coruña