Todo o que necesitas saber sobre o 'Apagón da TDT' e o cambio a HD: Que temos que facer?

O 14 de febreiro será efectivo o salto á Alta Definición e o paso do SD e ao HD e incluso UltraHD (4K).

Por Amanda Fernández | Santiago de Compostela | 12/02/2024 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Nas últimas semanas seguro viron nalgúnha canle de televisión un anuncio no que se indicaba o cambio do SD ao HD, o salto á Alta Definición, para o próximo día 14 de febreiro. Hai que resintonizar as canles? Mercar descodificadores? A Xunta anunciou que financiará a súa adquisición para adaptar o sinal de televisión a HD, tras o apagón da TDT. Os aparatos teñen un coste duns 400 euros de media e o executivo pretende subvencionar o total do importe e o 50% da súa instalación. 

Televisión, TDT. XUNTA DE ANDALUCÍA - Arquivo
Televisión, TDT. XUNTA DE ANDALUCÍA - Arquivo

Isto afectará especialmente a uns 4.300 fogares situados nas denominadas 'zonas de sombra' de 260 concellos galegos. Roberto Riveira da empresa Cinfo, explica que estas zonas son puntos do territorio onde pola orografía e distancia aos repetidores non chega o sinal TDT coa suficiente calidade ou non chega en absoluto. Desta maneira, a poboación que recibe as canles TDT pola vía de receptores de satélite verán que non poden ser compatibles co HD. "Cambiar un receptor de satélite pode ser moito máis caro que un receptor TDT HD, que ronda uns 30 euros", expón o experto. 

É O NOSO TELEVISOR COMPATIBLE CO HD? 

Que significa cambiar do SD ao HD? Roberto comenta que significa que deixan de emitirse as canles TDT de calidade SD (de moi pouca definición) ao HD (que pode ir do que se coñece como 720 píxeles de mínimo a 1080p ou Ultra HD). Isto supón maior calidade en imaxe e son e calquera usuario que xa tivera no seu televisor canles SD e HD, que levan anos convivindo, percibirían a calidade superior das emisións HD. 

Este 'Apagón da TDT' do vindeiro 14 de febreiro xa leva anos cociñándose e formando parte dun plan de moitas fases, por exemplo cando desapareceron as canles que non eran TDT ou cando se tivron que resintonizar as canles. "Era o que se coñecía como dividendo dixital, péchanse as emisións radioeléctricas antigas para dar cabida a máis servizos. Agora ao liberar as frecuencias empregadas para as canles SD, quedará libre un espazo imprescindible para o 5G a nivel europeo e empezar coas emisións Ultra HD (4K). Temos que pensar que  o espectro radioeléctrico son un recurso limitado e complicado de xestionar", destaca Roberto, que a súa vez, fai fincapé en que era un cambio previsto para o 1 de xaneiro do 2023 e que se retrasou para dar máis tempo á adaptación dos televisores e agora "é unha magoa" ver tanta prisa cando houbo tempo "para concienciar sobre isto aos consumidores". 

Imaxe dunha televisión
Imaxe dunha televisión | Fonte: Europa Press.

Como saber se o noso televisor é compatible co HD? Roberto sinala que o máis sinxelo é revisar as canles TDT que se teña sintonizadas, nun televisor con soporte TDT HD (ou un sintonizador externo TDT) terá na lista de canles moitas repetidas: "T5 e T5HD, Antena 3 e Antena 3 HD, TVG e TVG HD...". Se na lista de canles non se sintoniza ningunha en HD, é probable que o televisor sexa tan antigo que non teña soporte para emisións en HD. 

TEÑO QUE FACER ALGO PARA QUE SE PRODUZA O CAMBIO? 

Desde esta empresa especializada en tecnoloxía, informan de que o cambio "non é automático". O que pasará é que as canles SD deixan de verse, polo que o televisor dirá que non atopa o sinal, "como se desconectásemos o cable da antena para esas canles". O que temos que facer é reordenar as canles ao noso gusto para non ter ocos ou números de canles asignados no mando a distancia a canles que xa non é existen. "Xa de facer ese traballo, é recomendable resintonizar todas sa canles e eliminar as que non sexan HD. A partir do mércores 14 xa solo sintonizaremos as HD e no televisor xa non se atoparán ás SD", afirma Roberto.

Hai que ter en conta que isto afecta prácticamente a todos os usuarios de canles TDT por antena. O experto indica que se recibimos as canles por un proveedor, como pode ser R, empregando o seu decofificador, "xa se encargan eles de arranzar a orde das canles e seguramente non se teña que facer nada".

Porén, destaca: "Cando empregamos unha "antena individual ou colectiva de televisión conectada ao noso receptor, e se estabamos usando canles SD en lugar de HD que xa estaban dispoñibles, teremos que ordenar as canles oi incluso resintonizar por se non tiñamos algunha canle HD na lista". E se non temos un televisor con receptor TDT HD integrado? "Teremos que cambiar de televisión ou, opción máis económica, adquirir un receptor externo TDT HD e conectalo ao televisor", informa. 

COMO AFECTA ISTO A GALICIA? 

Canta xente ten nas súas casas televisores de máis de 10 anos? Seguramente son moitos os fogares nestas circunstancias e Roberto di que hai que ter en conta que un televisor é pouco máis ca un ordenador cunha función específica conectado a unha pantalla e "se van quedando obsoletos á mesma velocidade ca os nosos ordenadores". Se nos centramos nas persoas maiores, que viven tanto en cidades como no rural, se cadra poden ter máis problemas para realizar todas esas xestións e sinala que se cadra imos un pouco tarde. "Se tiña que ter axudado e concienciado á poboación nos últimos dous anos, tendo en conta que pasamos unha prórroga de 11 meses para o apagón. Seremos os fillos, fillas, noras, xenros e veciñanza en xeral, os que axuden a resintonizar, reordenar as canles no mando a distancia ou mercar e instalar un descodificador TDT HD para un televisor vello", comenta. 

Falamos de HD, pero e o 4K? "A partir do día seguinte, o 15 de febreiro, xa RTVE xa anunciou a emisión en 4K. Serán os televisores con soporte 4k nos que se poderían empregar, pero teremos HD por moito tempo aínda, que ninguén se poña a cambiar o seu televisor HD por 4K debido a esta circunstancia. Agora mesmo, tería que plantexarse mercar un novo de non ter soporte HD". 

RECAPITULAMOS: COMO VER A TDT EN HD? 

Desde o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública responden á este pregunta enumerando elementos esenciais para adaptarse a esta fase tecnolóxica. Como primeiro paso, verificar si se ten un televisor compatible con HD, de non ser compatible será necesario dispor dun decodificador ou sintonizador de TDT HD. O terceiro punto é o papel crucial da antena de TDT, xa que pode ser necesario axustala para optimizar a recepción da sinal. Tamén apuntan á calidade do cableado para conectar a antena ao televisor ou decodificador que tamén pode afectar á calidade da sinal. Por último, configurar e buscar as canles. Ante calquera dúbida, desde o Ministerio facilitan o contacto da Oficina de Atención á Televisión Dixital no 901 20 10 04. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Dá gusto saber que pasamos da Cita Previa Obrigatoria a cobrar polas consultas telefónicas : https://televisiondigital.mineco.go...' target='_blank'>https://televisiondigital.mineco.go... Non dixeron que os teléfonos de información debían suprimir a tarificación especial ? Xa, como tantas cousas que din e logo nunca cumpren... Cada día está máis claro o obxectivo do Goberno (Que vivan os ricos a costa dos pobres! Se tal podedes preguntarllo ao Comunista Alberto Garzón que vai facer lobby na empresa de outro fenómeno chamado Pepe Blanco -o do primeiro estado de alarma na Folga de Controladores Aéreos- Logo veu a pandemia e o Estado de Alarma xa estaba dispoñible por meses renovables... Pero se queres preguntar algo, primeiro PAGA e senon cala... https://televisiondigital.mineco.go...' target='_blank'>https://televisiondigital.mineco.go...

1 Gamela

Por algún motivo este enlace non funciona no GC // https://televisiondigital.mineco.go...