A apariencia na política

No persoal, a min as Eleccións case sempre me pillan en pixama. A festa da Democracia foi e é o eixo principal dos dereitos e deberes básicos dos cidadáns máis, se cabe, nun país no que vivimos unha ditadura que durou case corenta anos.

Por Alexander Vórtice | Pontevedra | 16/02/2024

Comparte esta noticia
Agora Galicia decide. Diferentes son os camiños que a nosa terra pode transitar a partir do próximo día 18 de febreiro. Polo cal, todos os candidatos están a deixarse a pel e as rodas neste tira e afrouxa para convencer á cidadanía.
 
Ao dicir “rodas”, vénme á cabeza o vídeo do Sr. Rueda, candidato do PP de Galicia, onde aparece dirixindo un bus como quen dirixe un acto público inacabado. Rueda representa, dalgunha maneira e aínda a día de hoxe por moito que o prentenda disimular, a esa Pontevedra de rancio abolengo e que, por fortuna, vai a menos. Esa Boa Vila coa que se topou a miña nai cando chegou á cidade do Lérez a finais dos anos 70 dende unha pequeña aldea de Ourense (non foron poucos os que riron dela por falar en galego e case non saber expresarse en castelán).
 
Alfonso Rueda é a Galicia que xa non é, porque Galicia quere evolucionar coidando a súa cultura, porque as xentes que a conforman déronse conta de que defender o idioma dunha terra con sabiduría e lingua propia é fundamental, primordial. O PP de Galicia é o PP de toda España, pero edulcorado; quero dicir, nada ten que ver o discurso do PP galego cando chega a Madrid. O “pepero galaico” arrímase á cultura da terra cando lle aporta votos, pero ao pasar o Porto do Padornelo, enseguida volve ser o que realmente é.
 
Con todo, se o cidadán quere valorar detidamente o seu voto e deixar ao carón o rancio de séculos escuros, agora pode ter en conta a outros aspirantes, como é o caso do candidato do PSOE de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, que chega con forza e con medidas reais e contundentes que nada teñen que ver co arcaico anteriormente mencionado.
 
Cabe destacar a súa proposta de que ningún mozo galego gastará máis do 30% do seu salario en vivenda – algo moi actual e que supón un problema moi serio na actualidade- ou a defensa da sanidade pública, ante a ausencia ou o silencio permanente do candidato Rueda.
Enténdese perfectamente, e máis nestes momentos, que a cidadanía padeza certa desafección cara a política pero, como comentei ao comezo deste artigo, debemos e podemos valorar a política demócrata hoxe máis que nunca, xa que fomos un país que durante décadas padeceu unha ditadura da cal “sobreviviron” algúns herdeiros que non falan claro, é dicir, mostran unha cara amable ao cidadán, sobre todo en tempos de eleccións, pero que, se miramos a súa forma e o seu fondo real, topámonos con persoas que no seu día se rían da miña nai (que é a nai de todos os galegos e galegas), da lingua galega, da xente que se esforzou duramente décadas para que Galicia continuase sendo un lugar con cultura propia e esencia de séculos pasados e memorables.
 
Por tanto, e xa para rematar, o vindeiro día 18 teñan isto en conta e non se esquezan, estimados lectores, que a aparencia nunca foi sincera por moito que algúns vaian de galeguistas polas rúas e despois, en petit comité, sigan rindo do enxebre, do puro, do que fai que Galicia sexa o que realmente é.

O deputado do PSOE e candidato do PSdeG á Xunta, Xosé Ramón Gómez Besteiro, durante clausúraa da Convención Política do PSdeG, na Cidade da Cultura de Galicia, a 17 de decembro de 2023, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Álvaro Ballesteros - Europa Press
O deputado do PSOE e candidato do PSdeG á Xunta, Xosé Ramón Gómez Besteiro, durante clausúraa da Convención Política do PSdeG, na Cidade da Cultura de Galicia, a 17 de decembro de 2023, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Álvaro Ballesteros - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Alexander Vórtice Alexander Vórtice (Pontevedra, 1979) é xornalista, poeta, novelista, columnista, escritor e colaborador en Diario de Pontevedra, PontevedraViva, Diario16, Crónicas PTV e nas revistas culturais Falando con Letras, En tempos de Aletheia e Oceanum. As súas obras publicadas ata o momento grazas ao pulso dos golpes e as caídas son: Destilería Ocaso (2004), Neurose Tremens (2005), Material de Soños (2008), Deus e Outros Superheroes (2013), Atrofiadas as Estrelas (2015), Crónica dun Home Bo (2016), Vexetacións Carnívoras (2017), Tempa Maltreita (2019) e Diagnóstico Interior (2021).