Sabes cantas especies de liques hai no Parque Nacional das Illas Atlánticas? Algunhas están en perigo

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas dispón desde este luns dunha guía divulgativa, dispoñible en formato dixital e gratuíto, que recolle por primeira vez as 230 especies de líquenes que existen neste espazo natural.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/02/2024 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas dispón desde este luns dunha guía divulgativa, dispoñible en formato dixital e gratuíto, que recolle por primeira vez as 230 especies de liques que existen neste espazo natural. O documento, elaborado para Ronsel Edicións polas doutoras en Bioloxía, Josefina Álvarez e María José Sánchez-Biezma, contou con apoio económico da Xunta, e é resultado de anos de investigación, coa colaboración do persoal do Parque.

A guía ofrece unha visión completa dos liques que poden atoparse nos catro arquipélagos do Parque Nacional, desde a franxa litoral ata o interior. Trátase duns dos organismos vivos máis representativos do Parque, pola súa gran diversidade e riqueza, con exemplares singulares.

Entre as especies, destacan a Bactrospora carneopallida, sinalada en puntos costeiros da Rexión Macarronésica e Sáharo-Árabe; a Lecania aipospila, orixinaria das Illas Británicas, Noruega, Suecia e a costa atlántica francesa; a Physcia scopulorum, atopada en Córsega, Sardeña e o arquipélago Tuscano; ou a Porina curnowii, presente nas costas do suroeste de Inglaterra, suroeste de Irlanda e a Bretaña Francesa. Ademais, 15 das especies localizadas en Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada están na lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), e dúas figuran no Catálogo de Especies Ameazadas.

Illas Atlánticas
Illas Atlánticas | Fonte: RICARDO PAREDES - SEOBIRDLIFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta