A "falta de médicos" na prisión da Lama obriga a desprazar a sanitarios do Sergas para atender a un preso

Na xornada do mércores houbo unha urxencia sanitaria e, aínda que teñen asignados oito médicos, só dispoñen de dous e ese día non había ningún traballando.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2024 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

O sindicato de prisións Tu abandono me puede matar (Tampm) denunciou que a "falta de médicos" na prisión pontevedresa da Lama obrigou a desprazar a sanitarios do Sergas para atender a un preso.

Segundo explicou, na xornada do mércores houbo unha urxencia sanitaria e, aínda que teñen asignados oito médicos, só dispoñen de dous e ese día non había ningún traballando.

Desta forma, desde o centro chamaron ao 061 e ata o lugar desprazouse unha ambulancia e un helicóptero medicalizado e os sanitarios estiveron preto dunha hora atendendo ao paciente, que sufriu un infarto, que tivo que se trasladado.

"Con este deixamento está a xogarse coa vida das persoas que están privadas de liberdade, doutra banda altérase a convivencia nos centros penais e tamén o ter que desprazar medios da comunidade quítanselle ao resto da cidadanía", lamentou o sindicato.

"Isto é unha guerra", engadiu o sindicato consultado por Europa Press, que hai entre a autonomía e o Ministerio de Interior e "están a xogar a un xogo moi perigoso".

Nesta liña, detallou que os centros penais teñen a obrigación de dispor de servizos médicos completos e debido ao "deixamento" e á "mala xestión" da secretaria xeral de institucións penais, "en case todos hai carencia de médicos".

Prisión da Lama, en Pontevedra
Prisión da Lama, en Pontevedra | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta