Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 27/02/2024 | Actualizada ás 17:59
O edificio deshabitado situado no número 37 da rúa Carlos III do barrio de Esteiro colapsou á primeira hora da tarde deste martes, sobre as 16,42 horas, sen causar feridos.
Segundo as primeiras informacións ás que tivo acceso Europa Press non se rexistrou ningún ferido, pero un vehículo que estaba estacionado na zona que dou afectado por algúns dos restos do edificio.
Ao lugar acudiron de inmediato os Bombeiros de Ferrol, axentes da Policía Local de Ferrol e Protección Civil de Ferrol, ademais do alcalde, José Manuel Rey Varela e os edís de Servizos e Urbanismo.
O edificio que caeu é contiguo a outros dous que xa colapsaran hai meses na rúa Carlos III, e neste caso o inmoble tamén dá a outra vía, á rúa Fernando V número 38.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.