Calcinada máis da metade da estrutura de madeira do templo budista de Ventoselo, en San Amaro

O lume está xa controlado e os bombeiros realizan labores de arrefriado da zona.

Por E.P. | OURENSE | 27/02/2024 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Un incendio calcinou o 70% da estrutura de madeira do templo budista do Mosteiro Chu Sup Tsang, situado no lugar de Ventoselo, no municipio ourensán de San Amaro.

Segundo informou o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu unha chamada da Garda Civil pouco antes das 16,00 horas deste martes alertando dun incendio á altura do número 3 de Ventoselo.

Ademais, na súa comunicación indicaban que non había persoas afectadas. Con estes datos, os operadores do 112 deron aviso aos Bombeiros do Carballiño e a Protección Civil do municipio.

A esta hora, segundo fontes consultadas por Europa Press, o lume, que afectou a dous terzos da estrutura principal --de madeira--, xa está controlado e os bombeiros realizan labores de arrefriado da zona.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta