O emérito Borbón volve a Sanxenxo para competir, outra vez, nunha regata

Ten previsto competir en todas as regatas deste ano, previstas en abril, maio, xuño, xullo e setembro-outubro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O rei emérito españól Juan Carlos I regresará, previsiblemente, o vindeiro xoves á localidade pontevedresa de Sanxenxo para participar, durante o fin de semana, na primeira regata do ano da clase 6 metros.

Así o confirmaron fontes da contorna do exmonarca consultadas por Europa Press, que indicaron que, se é posible, ten previsto competir en todas as regatas deste ano, previstas en abril, maio, xuño, xullo e setembro-outubro. O 'Bribón' xa está inscrito para esta competición que, se a meteoroloxía o permite, disputarase o 16 e 17 na ría de Pontevedra co monarca español á fronte.

Ademais, entre a tripulación figuran o seu amigo e regatista Pedro Campos, Eduardo Marin Lasheras, Alberto Ricardo Vello Puga e Alejandro Abascal, entre outros. De cumprirse, esta será a sexta visita de Juan Carlos I a Sanxenxo desde que se trasladou a vivir a Abu Dabi en agosto de 2020 e a primeira deste ano, xa que a última vez que visitou a comunidade foi en novembro.

Juan Carlos I no primeiro día de regatas de Sanxenxo
Juan Carlos I no primeiro día de regatas de Sanxenxo | Fonte: ELENA FERNÁNDEZ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

A este vanlle por un ponte-aéreo Emiratos~Sanxenxo ? Semella que pensa gastar tódalas comisións en pagar avións privados como se nós colleramos o tren que aínda non temos ? Tanta Chulería, abonda...

1 Gamela

Seica lle van pór Ponte-Aérea Abu Dabi ~ Peinador ? Seis viaxes privadas (con escalas varias) deben ter un coste interesante, claro que non paga casa nin manutención en Sanxenxo, e iso sempre é un aforro do carallo... Somos parvos ou somos parvos...?