"Facendo empresa" distingue aos negocios galegos nos que os socios son traballadores

AESGAL, propietaria da nova marca, é a entidade sen ánimo de lucro que asocia a este tipo de empresas en Galicia. O martes 29 de setembro celebrarase en Compostela unha primeira xornada de networking e speedmeetings entre as asociadas. Vídeo no interior.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 16/09/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

"Facendo Empresa" é unha nova marca colectiva galega que se lanza co obxectivo de facilitarlle aos consumidores a identificación dun tipo de empresas, de sectores moi diversos, mais cuns valores comúns que están en alza: as sociedades laborais.

Entrega de premios Proxectos Visibles de Aesgal
Entrega de premios Proxectos Visibles de Aesgal


A marca, propiedade de AESGAL (Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia), conta co financiamento da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

As sociedades laborais son parte da chamada economía social xunto coas cooperativas, centros especiais de emprego ou empresas de inserción. Curiosamente, pese a estar preto de alcanzar os 30 anos de vida, as súas peculiaridades son descoñecidas para gran parte da sociedade.

Segunto esta patronal, son máis de seiscentas empresas en Galicia e milleiros a nivel de toda España. Dado que os socios son traballaroes, este tipo de compañías tenden a xerar emprego estable.

Obxectivos da marca
O obxectivo fundamental da nova marca, Facendo Empresa, é que as sociedades laborais galegas teñan unha ferramenta para explicarse a sí mesmas ante os seus clientes, provedores e sociedade en xeral. Tamén pretende facilitar a elección das sociedades laborais por parte das persoas que optan por un consumo responsable e, cando é posible, polo comercio local.

Ademais, AESGAL explica que ven fomentando a creación de equipos de traballo de distintas sociedades laborais na contorna da cultura, as artes gráficas ou as asesorías. O colectivo de cultura xa está a funcionar de forma estable baixo a denominación de Brain Galicia.

Entrega de premios Proxectos Visibles de Aesgal
Entrega de premios Proxectos Visibles de Aesgal

Para facilitar este tipo de sinerxias vaise realizar unha primeira Xornada de networking e speedmeetings o vindeiro martes 29 de setembro no Hotel Ruta Jacobea, nas proximidades de Santiago de Compostela.

Marca Facendo Empresa
Marca Facendo Empresa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta