Estancamento da venda de coches usados, a pesar do aumento no Estado

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

As vendas de coches de segunda man alcanzaron as 10.149 unidades en Galicia en febreiro respecto ao mesmo mes de 2023, o que supón un lixeiro repunte do 0,2%, lonxe do ritmo de crecemento do 5,6% na media española, segundo os datos de Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).

Na media do que vai de ano, xaneiro e febreiro, o crecemento en Galicia das vendas é do 5,9% (en total 20.427 unidades), case a metade do auxe do 10,9% ao que avanza na media española.

Do total de vehículos de ocasión vendidos en Galicia, 8.592 foron turismos, o que supón unha baixada do 1,45%, pero as vendas elévanse grazas a un aumento do 10,4% en comerciais lixeiros, que foron 1.557. O maior crecemento na comunidade das vendas de ocasión do pasado mes rexístrase na provincia de Pontevedra. Os turismos eléctricos soben un 60%, ata captar unha cota de mercado do 0,9%, aínda que o diésel acapara o 53,8%.

Coches usados ou de segunda man
Coches usados ou de segunda man | Fonte: GANVAM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta