Temas: MúSICA

Concerto presentación do novo disco de Xoel López

Paramales é o título do decimo terceiro álbum na carreira do artista, un paso máis cara ao son contemporáneo característico do artista galego que rescata a súa etapa mod e o seu gusto polo soul.

Por GC Tendencias | Vigo | 16/09/2015 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) pon á venda desde hoxe as entradas para o concerto presentación de Paramales, o novo álbum de Xoel López, que terá lugar o sábado 12 de decembro ás 21.00 h no Teatro Afundación de Vigo. Composto por trece cancións gravadas nos Estudios Reno de Madrid, Paramales é un paso máis cara ao son contemporáneo característico do artista galego que rescata a súa etapa mod e o seu gusto polo soul e combínaos coas súas xa habituais guitarras españolas e atrevidos xogos de riffs.

Xoel López
Xoel López

No seu directo acompañarano seis músicos, entre os que se atopan Miguel Rivera (Meiga), Charlie Bautista (Russian Red, Christina Rosenvinge) ou Iván González-Chapo (M Clan, Amaral). As entradas pódense adquirir a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com.

Xoel López

Nado na Coruña en 1977, é considerado un dos artistas máis representativos e influentes da nova canción española. Publicou un total de trece álbums na súa carreira como músico, dos cales Paramales é o segundo en solitario, e ten actuado en diferentes escenarios do panorama español así como en San Francisco, Nova York, Colombia, O Uruguai e Venezuela, entre moitos outros.

xoel
xoel
Xoel López
Xoel López
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta