Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 14/03/2024 | Actualizada ás 21:00
Os mitos sobre Galicia reprodúcense ata nos videoxogos. Terra de narcos, onde abunda a droga e os cárteles, así é como pintan a Galicia nunha misión do videoxogo 'Call of Duty: Modern Warefare II', que se estroou no 2022. É a primeira vez que a exitosa saga de videoxogos, despois de 19 anos de entregas, sitúa unha misión en España, despois de ter pasado xa por practicamente todos os países, e faino con esta visión de Galicia.
A misión en concreto créase seguindo a liña de busca duns misís que o xogador fai durante toda a campaña de 'Modern Warefare II'. Atópanse datos nun teléfono que conduce ao xogador a unha zona aillada de España onde poderían estar as armas. E, aínda que nun primeiro momento fálase da costa mediterránea, cando o xogo ubica no mapa o lugar aparece Galicia. Unha vez na zona, non hai que fixarse moito para percatarse de que se trata do cabo Vilán.
En realidade, é un lugar ficticio, pero cuxa inspiración queda máis que clara cando se ve o faro ao lonxe e a casa que o precede, ao carón xusto dun parque eólico. E é que o cabo Vilán ten pegado un parque eólico, homónimo, que foi o primeiro que se construiu en Galicia fai xa 23 anos, da man de Unión Fenosa. A zona foi declarada de Interese Nacional no ano 1933 e agora é Monumento Natural pola súa orografía rochosa e escarpada.
Nesa contorna, o xogador terá que matar (estaría ben revisar de novo o tema da violencia e agresividade nos videoxogos que se sitúan sempre no 'top 10') a narcotraficantes que teñen alí instalado o seu negocio e, polo camiño, atoparase con almacéns de droga, narcolanchas e mesmo un narcosubmarino que, ao contrario do que din as personaxes no xogo, si foi quen de atravesar o Atlántico.
Cabo Vilán | Fonte: masquetreking - ArquivoVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Cabo Vilán en 'Call of Duty' | Fonte: ArquivoNoticias relacionadas¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- O que non che contaron do gran apagamento: a contaminación chegou a duplicarse durante a volta da subministración
- Case 600 aspirantes a auxiliares de policía local inician o proceso selectivo para cubrir 95 prazas
- Patronais galegas de residencias negan o "caos" durante o apagamento que denunciou a CIG
- Dous feridos en senllas saídas de vía en Camariñas e Paderne
- Futura lei contra as agresións ao persoal da sanidade, incluída a privada: multas que van de 300 a 15.000 euros
- Cae parte do falso teito dunhas coñecidas galerías de Santiago que albergan varios centros deportivos