Protección Civil de Mos celebra o seu 30 aniversario

Da que actualmente forman parte case unha trintena de persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2024 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou este sábado na conmemoración do 30 aniversario da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Mos, da que actualmente forman parte case unha trintena de persoas.

Segundo trasladou a Xunta, no acto fíxose un repaso sobre o tres décadas de historia deste servizo e a súa importancia para a seguridade da comarca, ademais de recoñecer o traballo altruísta dos voluntarios e voluntarias que formaron parte da agrupación durante estes anos.

Alí, Santiago Villanueva reivindicou que a Xunta destinou ás agrupacións de voluntarios da Comunidade máis de 14 millóns de euros en materia de equipamento, ademais de colaborar cada ano con axudas ao funcionamento a través dunha orde anual de 340.000 euros.

Así mesmo, o director xeral subliñou que este acto conmemorativo serviu de punto de encontro para pór en valor "o labor desinteresado que levan a cabo a diario os máis de 4.400 efectivos das 235 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comunidade en apoio aos servizos de emerxencias, tanto en tarefas de prevención como nas intervencións.

Acto de conmemoración polo 30 aniversario de Protección Civil de Mos.. XUNTA
Acto de conmemoración polo 30 aniversario de Protección Civil de Mos.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta