As "condicións climatolóxicas" influirán na afluencia de visitantes e ingresos na Semana Santa de Ferrol

O Concello de Ferrol tampouco ten ningún estudo que recolla o retorno que vai supor para a cidade a Semana Santa

Por E.P. | Ferrol | 21/03/2024 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A concelleira de Turismo de Ferrol, Maica García, asegurou que a presenza de visitantes e os ingresos económicos que poida deixar a Semana Santa nesta cidade vai depender "das condicións climatolóxicas".

Indica que a administración local fixo "accións promocionais en diferentes campañas de publicidade", ademais de "enviar a todas oficinas de turismo das capitais de provincias e a todos os municipios de máis de 4.000 habitantes de Galicia un cartel". "Vemos que os hoteis xa estaban cheos, e pensamos que vai ser unha gran Semana Santa", asegura.

Ditas manifestacións realizounas a edil popular na mañá deste xoves durante a presentación dunha guía que foi editada en tres idiomas --castelán, galego e inglés--, con propostas de lecer para os días centrais da Semana Santa.

García detallou que por parte do Concello de Ferrol tampouco teñen ningún estudo que recolla o retorno que vai supor para esta cidade ditos días, pois iso tamén dependerá das condicións climatolóxicas. "Non temos ningún estudo, pero avisamos a hostalaría de que estean preparados, xa que poden facer o seu particular agosto nesta semana", a condición de que a choiva non faga acto de presenza.

TODA A OFERTA

Segundo Maica García, o folleto turístico recolle "unha ampla oferta lúdica que combina as visitas guiadas da Ruta de Construción Naval, Arsenal Militar, Navantia, Cuartel de Dores e o castelo de San Felipe", ademais de "as nosas praias e miradoiros, así como una degustando tamén a nosa gastronomía".

Unha das novidades neste ano 2024 é a que ofrece a empresa Galifornia Tour Beach para "facer tres rutas diferentes que ofrecen, de 35 a 50 euros por persoa, dependendo da ruta elixida". Ademais de visitas a distintos lugares de costa de Ferrol, recollen propostas en municipios limítrofes como Valdoviño ou Cedeira, así como en Cariño e Ortigueira, todos eles en furgoneta.

Tamén en Ferrol, e como novidade, farase na praza de Armas unha alfombra floral que comezará a confeccionar o Mércores Santo "pola mañá e que estará neste espazo ata última hora da tarde do Xoves Santo". Existirá un servizo de autobuses gratuítos para favorecer o aparcadoiro dos visitantes no estadio da Malata, cunha parada técnica no porto e ata a praza de Galicia.

En canto aos folletos turísticos, imprimíronse 8.000 unidades, que se distribuirán en "hoteis, residencias militares, oficinas de turismo de Ferrol, da Xunta, en toda a comarca, incluso chegando a Betanzos", apuntou García.

Procesións da Semana Santa na Praza de Armas de Ferrol
Procesións da Semana Santa na Praza de Armas de Ferrol | Fonte: Galiza artabra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta