Alerta laranxa este martes por temporal no litoral da Coruña e Pontevedra

A partir da madrugada a alerta estenderase a todo o litoral galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2024 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activará este martes unha alerta laranxa por temporal costeiro, que afectará os litorais das provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo a información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), este fenómeno adverso estará activo desde o mediodía deste martes na costa das dúas provincias atlánticas e, a partir da madrugada, estenderase a todo o litoral galego.

En concreto, espéranse ventos do noroeste de forza 7 e, ocasionalmente, de forza 8 e mar combinado do noroeste, con ondas no mar de ata sete metros. Por tanto, a Xunta, a través do 112 Galicia, informou da situación a concellos, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.

Ante esta situación, a Dirección Xeral de Emerxencias lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ondas durante a fronte meteorolóxica, a 23 de febreiro de 2024, na Coruña / M. Dylan - Arquivo / Europa Press
Ondas durante a fronte meteorolóxica, a 23 de febreiro de 2024, na Coruña / M. Dylan - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta