Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2024 | Actualizada ás 16:48
A reserva hidráulica dos encoros galegos mantéñense nun 87,9 por cento da súa capacidade, lixeiramente menor que a semana pasada, cando esta porcentaxe ascendía ao 89,25 por cento, pero despois dunha semana na que descenderon as precipitacións ata o domingo e houbo tamén un ascenso de temperaturas.
En todo caso, a situación dos encoros galegos está moi por encima da media dos últimos dez anos, en que segundo consta nos rexistros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, era dun 75,5 por cento no últimos dez anos.
Desta maneira, na conca do Miño-Sil, o último rexistro sitúa en 2.644 hectómetros cúbicos a auga embalsada, actualmente, o que eleva ao 87,3 por cento da súa capacidade, algo máis dun punto por baixo fronte á semana anterior (88,5%). Pola súa banda, a conca Galicia Costa está ao 88 por cento da súa capacidade, con 602 hectómetros cúbicos embalsados, dos 684 da capacidade total.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.