A SGHN sinala a planta de Altri como "arma de eucaliptización masiva" para Galicia

A Sociedade Galega de Historia Natural tamén destaca que é "un novo exemplo de maquillaxe verde do sector eucalipto-celulosa en Galicia"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2024 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) cualificou a planta que a multinacional Altri planea en Palas de Rei como unha "nova arma de eucaliptización masiva" para Galicia. Nun comunicado emitido este martes, afirman que o proxecto "pretende facerse pasar como industria de fibra téxtil a base de celulosa" cando "só un terzo" da produción sería de lyocell.

Para a entidade, trátase de "un novo exemplo de maquillaxe verde do sector eucalipto-celulosa en Galicia", que "se une" á planta de celulosa de Ence en Pontevedra.

Neste sentido, afirma que as factorías da pasteira en Lourizán e en Navia (Asturias) "son responsables directas de que o 28% do terreo forestal de Galicia estea cuberto por eucalipto".

Para a SGHN, a instalación de Altri na comarca da Ulloa "incrementaría un 33% a produción de celulosa" en Galicia, o que profundaría na "eucaliptización imparable" dos montes galegos.

A súa creación, engade, tería "un enorme impacto" nos ecosistemas terrestres e acuáticos, ademais de ubicars nun "pésimo emprazamento", co que pide á Xunta que free o seu desenvolvemento.

CUT TAMÉN SE OPÓN Á PLANTA

Terreos onde se construirá a planta de Altri en Palas de Rei
Terreos onde se construirá a planta de Altri en Palas de Rei | Fonte: EP

Tamén manifestou a súa oposición á planta o sindicato CUT, que ve no proxecto de Altri unha "macrocelulosa". "Atila volve cabalgar en Galicia, volve á actualidade a política colonial que nunca deixou de existir", engade a central nun comunicado.

CUT apela á mobilización para "paralizar na rúa" a "celulosa" de Pas, que "non vai parar o politiqueo nin o postureo politiquero".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta