O uso do cinto vai a menos: 121 condutores na provincia de Pontevedra non facían uso del entre os días 11 e 17 de marzo

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, insistiu este mércores na necesidade de utilizar o cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil no coche tras os resultados da última campaña da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) na provincia.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/04/2024 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, insistiu este mércores na necesidade de utilizar o cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil no coche tras os resultados da última campaña da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) na provincia. En concreto, Losada dixo que un total de 121 condutores e pasaxeiros foron denunciados por incumprir a normativa en materia de uso do cinto e sistemas de retención entre os días 11 e 17 de marzo. Nese prazo, foron controlados na provincia uns 5.470 vehículos.

Así, o número de denuncias pola non utilización do cinto foi de 118, afectando a 77 condutores, a 28 pasaxeiros de asentos dianteiros e a 13 dos traseiros. Ademais, foron tres os casos de menores que non facían uso de sistemas de retención obrigatorios ou que o facían de forma incorrecta: dous nos asentos dianteiros e un nos de atrás. "Os resultados constatan unha realidade e é que aínda hai un sector da poboación que segue sen utilizar o cinto cando conduce, a pesar das vantaxes que supón, xa que en caso de sinistro pode determinar a vida ou a morte dunha persoa", reivindicou. Segundo el, é "sorprendente", pero hai que seguir insistindo nesta mensaxe.

A nivel nacional, o 76 % de todas as denuncias foron postas en estradas convencionais, ascendendo este dato na provincia de Pontevedra a un 97,5 %, un feito "preocupante" se se ten en conta que estas vías son as máis perigosas, segundo recolle a Subdelegación nun comunicado. No conxunto de España, 5.524 adultos foron sancionados por non utilizar o cinto nesta campaña da DGT, unha cifra lixeiramente superior con respecto á anterior edición desta iniciativa.

Unha persoa abróchase o cinto de seguridade
Unha persoa abróchase o cinto de seguridade | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta