Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2024 | Actualizada ás 14:33
Un mariñeiro foi rescatado na mañá deste xoves tras sufrir unha caída nunha zona rochosa de difícil acceso da parroquia de Touriñán, en Muxía.
Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 12,40 horas deste xoves, cando o 061 pediu medios para evacuar a unha persoa que se caeu nunha zona de rocas de difícil acceso.
De inmediato informouse aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil e Policía Local, aos membros do GES de Muros e a efectivos de Protección Civil. Tras ser rescatado, o mariñeiro foi trasladado polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.