Un escalador ten que ser evacuado en helicóptero tras caer nunha zona de difícil acceso no monte de San Sadurniño

Segundo informou o 112, foi ao fío das 14.00 horas cando un compañeiro do ferido deu a voz de alarma e explicou que o ferido se lesionou as costas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/04/2024 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser evacuado en helicóptero tras sufrir unha caída mentres escalaba nunha zona de monte do municipio coruñés de San Sadurniño. Segundo informou o 112, foi ao fío das 14.00 horas cando un compañeiro do ferido deu a voz de alarma e explicou que o ferido se lesionou as costas.

Pico de Ferreira, en San Sadurniño
Pico de Ferreira, en San Sadurniño | Fonte: Concello

A zona na que facía escalada, no monte do Carazo, en Igrexafeita, é de difícil acceso polo que foron necesarios medios de rescate para chegar ata eles. Tras avaliar as dificultades para acceder aos escaladores, os Bombeiros do Eume trasladaron ao ferido en padiola ata un claro próximo onde aterrou o helicóptero medicalizado con base en Santiago que o evacuou ao Hospital Universitario da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta