A Xunta di que non hai máis voos en Galicia polo "minifundismo" de Santiago, A Coruña e Vigo

Asegura que cada un "tira cara ao seu lado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2024 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O Goberno galego reivindicou este venres que deu pasos para tratar de favorecer a coordinación aeroportuaria en Galicia, e mantén que é necesaria unha planificación conxunta das tres terminais galegas coa implicación "directa" no labor dos concellos e "sen visións meramente localistas".

"O Concello de Santiago de Compostela, do mesmo xeito que os da Coruña e Vigo deben apostar pola coordinación aeroportuaria para que o sistema deixe de ser vulnerable a eventualidades e poida competir en mellores condicións", trasladou a Europa Press.

Nesta conxuntura, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recalcou que se ofreceu anteriormente a "coordinar a elaboración dun mapa de rutas coherentes e sen duplicidades", que "respecte as prioridades e preferencias" das cidades, pero "ningún do tres concellos deron pasos para avanzar nesta liña".

"Cada un tira cara ao seu lado e só quere financiar voos ao seu aeroporto sen renunciar a nada", quéixase a Xunta, que lembra que, a través da Axencia Turismo de Galicia, a Xunta "está a facer unha forte promoción e a incentiva a marca Galicia como destino turístico". "E así o seguirá facendo no futuro", apostilou.

Un avión da aerolínea Iberia no aeroporto
Un avión da aerolínea Iberia no aeroporto | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta