Un xulgado de Pontevedra exonera o pago dunha débeda de máis de 5 millóns de euros pola lei de segunda oportunidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2024 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

O xulgado do mercantil número 2 de Pontevedra exonerou a un pontevedrés do pago dunha débeda de máis de 5 milllones de euros en aplicación da coñecida como 'Lei de segunda oportunidade'.

Trátase da contía perdoada a través deste procedemento legal máis alta de Galicia, segundo trasladou o despacho Alonso&Padín Avogados, defensores do cliente librado da débeda millonaria polo xulgado pontevedrés. Na súa sentenza, o xulgado do Mercantil aplica o procedemento para a exoneración do pasivo insatisfeito sobre a débeda contraída polo reclamante "como fiador solidario, con varias entidades financeiras e a SAREB".

Segundo explica o despacho de avogados, o debedor principal non puido facer fronte ás débedas "e os acredores terminaron dirixíndose" contra o seu cliente para tentar cobrar unha suma da que "máis da metade eran intereses".

O procedemento iniciouse cando aínda non entrara en vigor a reforma da Lei concursal, que establecía como límite para acollerse á lei de segunda oportunidade os 5 millóns de euros, un limiar que máis tarde foi eliminado.

Vista da fachada do Xulgado
Vista da fachada do Xulgado | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta