Deteñen en Suíza ao narcotraficante e agresor dun policía Ourensán

Un home, que permanecía en busca e captura por tentativa de homicidio doloso cun arma branca, foi finalmente capturado.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/05/2024 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

Un home que permanecía en busca e captura por tentativa de homicidio doloso, por agredir con arma branca a un policía de Ourense, e de tráficar con drogas, foi detido en Suíza. Segundo informou a Policía nacional, a investigación foi levada a cabo por parte da Brigada Provincial de Policía Xudicial de Ourense e permitiu localizar e deter ao home sobre o que pesaba unha orde xudicial de detención e ingreso en prisión por parte da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense.

Coche da Policia Local
Coche da Policia Local | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Para dar co home, ao que se lle acusaba de agredir cunha arma branca a un axente da Comisaría de Ourense que se atopaba fóra de servizo, así como de varios delitos de tráfico de drogas, a brigada provincial solicitou a colaboración da Unidade Central de Fuxitivos da Policía Nacional, quen se encargou de coordinar a información obtida coa Policía Xudicial Suíza para que procedese á detención do fuxido.

Durante a investigación púidose pescudar que o home saíra do territorio nacional e estaba a residir e traballando no país trasalpino desde que fuxiu de Ourense. Así, o pasado día 19 de abril, os investigadores recibiron a información da policía suíza, que comunicaba que o fuxitivo fora detido.

A día de hoxe o home atópase ingresado nunha prisión suíza á espera de que as Autoridades Xudiciais de ambos os países (España e Suíza), acorden o traslado do fuxitivo a España, para que cumpra a súa condena.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta