A xuízo un home da Rúa por ameazar e insultar reiteradamente a un veciño chamándoo "puto maricón"

Que acollerá a Audiencia Provincial de Ourense acollerá o vindeiro mércores, día 8.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2024 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense acollerá o vindeiro mércores, día 8, o xuízo contra un veciño da Rúa acusado de ameazar e atentar contra a dignidade doutro home ao que insultaba de maneira reiterada e habitual pola súa orientación sexual, dicindo voz en berro en cálea expresións vexatorias como "cadela", "fillo de puta" ou "puto maricón".

Segundo recolle o escrito fiscal, os insultos tiveron lugar durante o ano 2021 e ata o mes de outubro de 2022. O acusado e a vítima vivían en dous portais da mesma rúa. O Ministerio Público apunta que os insultos eran "habituais" e que se producían cada vez que o procesado vía á vítima pola rúa. Eran proferidos, considera, "con clara animadversión e desprezo cara á súa orientación sexual".

As expresións que o acusado, "de forma reiterada, dedicou á vítima", recolle o escrito, "o ton elevado e despectivo que empregou, a exposición pública á que o someteu e a aparente gratuidade do acontecemento, causaron unha grave humillación" no prexudicado, algo que "menoscabou a súa dignidade".

Por iso, o fiscal considera os feitos constitutivos dun delito contra a dignidade persoal e contra a integridade moral e pide para o acusado 15 meses de prisión e 3.000 euros de multa, así como que se manteña afastado do prexudicado durante 3 anos e indemníceo con 6.000 euros.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Wikipedia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta