Un 2024 marcado polas eleccións en 70 países e o aumento dos conflitos nos 5 continentes

Os responsables do Igadi, e algúns dos expertos participantes no documento, presentaron este luns o informe anual do 'think tank' galego, que analiza unha realidade internacional marcada polos procesos electorais e o incremento de conflitos e guerras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2024 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Os responsables do Igadi, e algúns dos expertos participantes no documento, presentaron este luns o informe anual do 'think tank' galego, que analiza unha realidade internacional marcada polos procesos electorais e o incremento de conflitos e guerras. Baixo o título 'Eleccións e guerras perfilando a multipolaridade', o anuario 2023-2024 do Igadi repasa as claves do pasado ano e perfila as perspectivas deste 2024 con 10 análises por áreas xeográficas e transversais que teñen en conta as novas formas de multipolaridade.

Este 2024 será, segundo os expertos do Igadi, "o ano electoral máis importante de todos os tempos", que se sumará a un panorama internacional convulso cos conflitos en aumento, especialmente a prolongación da Guerra de Ucraína e os efectos da Guerra de Gaza. O anuario 2023-2024 conta coa participación de 12 analistas do Igadi tanto de Galicia como doutras latitudes: Estados Unidos, México ou Arxentina, para pór a lupa sobre os principais acontecementos globais de 2023 e 2024. Os expertos, ademais, identifican os 'personaxes do ano' 2023: Prigozhin, Jennifer Hermoso, Elon Musk, Binyamin Netanyahu e Javier Milei. O ano 2024, avanza o informe, estará marcado pola interacción entre as eleccións en 70 países e o aumento dos conflitos de seguridade nos 5 continentes. O horizonte, apunta, está nas eleccións en Estados Unidos, fixadas para o 5 de novembro.

Trump, ex presidente dos Estados Unidos e candidato nas novas eleccións
Trump, ex presidente dos Estados Unidos e candidato nas novas eleccións | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta