Interveñen 620 doses de cocaína a unha veciña de Moaña de 42 anos

Foi detida pola Garda Civil.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/05/2024 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Efectivos da Garda Civil de Moaña detiveron a unha veciña desta localidade, de 42 anos de idade e sen antecedentes, como presunta autora dun delito de tráfico de drogas. Segundo informaron fontes da Comandancia, a detención produciuse no marco dun dispositivo de seguridade cidadá, cando os axentes observaron que un coche realizaba unha manobra evasiva para evitar o control, e déronlle o alto. Na actuación, os gardas incautáronse de 620 doses de cocaína; 7,13 gramos de haxix; 13,5 gramos de marihuana; unha báscula; e diñeiro en efectivo. A muller detida foi posta en liberdade en sede policial, e ten a obrigación de comparecer no xulgado cando sexa requirida.

Un axente da Garda Civil nun dispositivo de vixilancia de tráfico
Un axente da Garda Civil nun dispositivo de vixilancia de tráfico | Fonte: Carlos Luján - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta