Un xabarín mata un cazador en Laza

O home foi atopado nunha pista forestal de Laza con diversas feridas causadas polo animal.

Por Galicia Confidencial | Laza | 19/10/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Un cazador faleceu este domingo polas feridas que, supostamente, lle infrinxiu un xabarin. Foi durante o primeiro día de caza da tempada. 

Xabarín
Xabarín

Os feitos tiveron lugar en Laza cando o home, de mediana idade e axente da Policía Nacional destinado en Verín, saíu a cazar por unha zona boscosa.

Pouco despois, un particular alertou ao servizo de emerxencias 112 ao atopar ao cazador "aparentemente ferido" e en estado inconsciente nunha pista forestal. Asegurou que “podería ter recibido golpes dun xabaril".

O suceso foi posto coñecemento de Urxencias Médicas, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, e tamén foi informada a Garda Civil e o Grumir de Laza.

Ao lugar do accidente desprazáronse unha ambulancia asistencial e outra de rescate, máis dous técnicos e unha enfermeira de Protección Civil, que non puideron facer nada pola vida do cazador. Posteriormente, o médico que ía a bordo do helicóptero mobilizado polo 061 confirmou o falecemento do home.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 nostrus

Para UnCalquera e Anh. Polo voso comentarios non so amosades o voso egoismo sinon tamen a vosa ignarancia. Para empezar os cazadores de verdade son os mais preocupados polo medio ambiente e a sua laboura axuda a conservalo. A caza practicase dende os comenzos da Humanidade e forma parte do ecosistema e é un elemento mais a ter en conta. Apropiadesvos para vos o disfrute da Natureza e negadeslle aos demais ese mesmo dereito polo feito de disfrutar dun modo distinto, inda que para a Natureza sexa mais positivo un cazador sensato que falabaratos que non veria mal que tamen lle fixeran a proba da alcoholemia para forear. O voso primeiro sentimento ante esta nova deberia ser a consternacion pola morte dun ser human en vez de expresar tanta maldade.

1 UnCalquera

Aos cazadores interésalles o medioambiente no tocante a que haxa mais coellos para matar mais. Se consideras que disfrute é meterlle plomo no corpo a un animal... en fin... No comezo dos tempo tirábaselle ata pedras aos animais, para COMELOS, non para colocalos no alto do carriño dos cans e pasealo como trofeo. Que sentides cando esnaquizades un corpo vivo ??? Cando sentides bufar o animal malferido despois de correr para escapar de vos ??? Que se vos pasa pola cabeza ??? Pracer ? Tendes algún tipo de orgasmo mental ??? Hai outro tipos de formas de conseguir prazer, por se non o sabedes, e sin ferir a ninguén, ao mellor é que non o descubrichedes ainda... todo pode ser... E coidado, non estou insultando a ninguén, por se a alguén se lle pasa pola cabeza a resposta.

4 UnCalquera

Á primeira hora da mañán, dou fe que están os bares cheos de cazadores antes de ir ao monte, e enrriba da barra non ahi augas nin cafes (solos). Deberian facerlle o control de alcolemia cando levan unha escopeta na man. Seguro que levabamos unha sorpresa. Perden cans e marchan despois de buscar un pouco. Ao día seguinte os que sufrimos as consecuencias somos os veciños que estamos escoitando laiandose ao can buscando ao dono que marchou, porque, so é un can. Acaso sae na prensa, o descontento dos cidadáns con este tipo de xente ?

3 UnCalquera

Estou completamente dacordo co comentario de Anah. A nos pásanos exactamente o mesmo. Tódolos puñeros fins de semán, cando podes descansar os cans auveando arredor da túa casa, porque 50 metros ( cando gardan a distancia ) non é dabondo para durmír. E non é so na época de caza, despois está a época do adestramento. Non se pode sair ao monte a andar, a disfrutar del, o monte é dos que disfrutan quitandolle a vida a seres vivos, vendo como o corazón dun ser vivo deixa de latexar, e congratulanse de que sexa grazas ao seu disparo.

2 Anah

Na aldea estamos sufrindo tensión pola presenza de cazadores 2 ou 3 dias por semana. Hai nenos e temos cazadores a 50m. Moitas veces temos discusións pero como a lei está da súa parte, só queda meternos na casa. Podían visibilizar estadíticas das mortes por accidentes de caza, xa que non se considera peligrosa. Hai unhas semanas 2 mortos en Galiza na fin de semana por accidentes de caza, eu non vin abrir o telexornal coa noticia.

1 Anah

Na aldea estamos sufrindo tensión pola presenza de cazadores 2 ou 3 dias por semana. Hai nenos e temos cazadores a 50m. Moitas veces temos discusións pero como a lei está da súa parte, só queda meternos na casa. Podían visibilizar estadíticas das mortes por accidentes de caza, xa que non se considera peligrosa. Hai unhas semanas 2 mortos en Galiza na fin de semana por accidentes de caza, eu non vin abrir o telexornal coa noticia.