A Xunta avoga por adaptar os postos de traballo de medina de familia á idiosincrasia dos novos facultativos

Aposta por impulsar unha sanidade pública de calidade orientando a práctica aos resultados, medindo os resultados para tomar decisións axeitadas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/05/2024 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, salientou este venres a necesidade de “prestixiar” o labor dos médicos de familia e de mellorar as súas condicións de traballo co fin de atraer a novos profesionais a esta disciplina.  Así o remarcou hoxe no acto inaugural do II Congreso de Residentes, Jóvenes Médicos de Familia, Tutores y Unidades Docentes da semFYC que entre hoxe e mañá se celebra en Santiago de Compostela.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, o xerente da ACIS, Antonio Fernández-Campa, e a xefa de 'Avalía-T', María José Faraldo.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, o xerente da ACIS, Antonio Fernández-Campa, e a xefa de 'Avalía-T', María José Faraldo.. XUNTA

Na súa intervención, Gómez Caamaño afondou na necesidade de adaptar os postos de traballo de medicina de familia e comunitaria á idiosincrasia dos novos facultativos, sabendo que necesitamos máis profesionais desta disciplina, a principal responsable de coidar a saúde da poboación.

Na última convocatoria de prazas de formación sanitaria especializada, das 638 ofertadas polo Sergas, un total de 207 eran para medicina familiar e comunitaria, unha cifra que contrasta moito coas 82 de familia ofertadas en 2006. Deste xeito, dixo que neste ano formaranse en medicina de familia en Galicia máis do dobre de residentes que hai uns anos.

"Galicia incrementou a oferta e conseguiu aumentar a demanda, tamén entre os mellores expedientes, e iso débese, en parte, á mellora das condicións que se ofrece a quen se forme en Galicia, con retribucións máis altas e contratos de tres anos para os médicos de familia", dixo. Ademais, destacou que o Diario Oficial de Galicia publicou esta mesma semana a relación de admitidos ao concurso oposición de médicos de familia de atención primaria, con máis de 600 aspirantes. "A nosa comunidade necesita máis, e o deber da Xunta é seducir a novos facultativos en formación cara á medicina de familia e adaptar as condicións de traballo ao que demandan os novos profesionais", engadiu.

O conselleiro destacou que a Consellería de Sanidade quere traballar para preservar e mellorar unha sanidade pública de calidade e, ao respecto, considera fundamental “orientarnos aos resultados, posto que se non medimos o que facemos e a súa eficacia, non poderemos tomar decisións axeitadas”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta